Orense, 26 y 27 De Noviembre: «Xornadas Anticarcelarias Pechad@s En Democracia»
XORNADAS ANTICARCERLARIAS PECHAD@S EN DEMOCRACIA
En solidariedade coa campaña contra a tortura e os malos tratos en prisión* 26 e 27 de Novembro de 2011. As Xornadas terán lugar no local da Asociación A Zalenvá (Rúa dos Carrís, nº6 – A Valenzá. Barbadás. Ourense).
ORGANIZA: Asociación Cultural A Zalenvá.
COLABORAN: Kolectivo Trapo Negro; Asociación Médicos del Mundo; Asociación PreSOS; EsCULcA.
Sábado 26 de novembro
10:00-11:00: Benvida cun almorzó vegano e presentación das xornadas.
11:00-12:30: Unha reflexión sobre a realidade das mulleres presas no Estado (intervén a avogada Victoria E. Dieguez).
12:30-14:30: A represión dos movementos sociais: a propósito da liberación animal (intervén A. Rey da A. C. A Zalenvá e Rapha V. ex-recluso).
14:30: Xantar vegano.
16:30-18:00: A verdade sobre os Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE): cárceres para inmigrantes (intervén Belén Torrón da Asociación Médicos del Mundo).
18:00-19:00: O cárcere dentro do cárcere: o réxime FIES (coa intervención de avogados da Asociación PreSOS).
19:00-20:30: Relato dunha experiencia no cárcere (intervención dun ex-recluso).
20:30: Petiscos veganos maila actuación do cantautor Bitxo Bola.
Domingo 27 de novembro
11:00-12:30: Presentación da actual CAMPAÑA CONTRA A TORTURA E OS MALOS TRATOS EN PRISIÓN, levada a cabo por presxs de todo o Estado (intervén Gema, do Grupo de Apoio á Campaña en Compostela).
12:30-14:00: Os Centros de Menores tamén son cárceres (intervén Fernando B. do Observatorio para a Defensa dos Dereitos e libertades. EsCULcA).
14:00: Xantar vegano.
16:30-20:00: Intervencións e reflexións de nais de presxs.
* A aportación dxs asistentes polos almorzos e xantares destinarase ó financiamento das diferentes accións de difusión que se están a levar a cabo en apoio á Campaña contra a tortura e os malos tratos na prisión.
Agradecemos difusión
e ás/ós que vos animedes: vémonos esta finde!
Saúde e pracer para todxs!
Deja una respuesta